COMERCIANTE

10 MILLÓNS DE EUROS EN BONOS DESCONTO DE 30€

Esta iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega do Comercio e as Asociacións Provinciais forma parte do paquete de medidas específicas para o sector que o Goberno galego está a poñer en marcha para acompañar o comercio de proximidade na súa reactivación, e que contará cando menos con 20 millóns de euros en axudas para reforzar a competitividade do sector a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven o consumo.

A este programa poderán sumarse os comercios polo miúdo que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que o fagan en réxime de autónomos ou pemes. Entre outros requisitos, deberán cumprir coas medidas de prevención fronte á covid-19, para o que poderán adherirse á plataforma Comercio Seguro impulsada pola Xunta de Galicia.

Como funciona?

Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciales adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.

Tendo en conta que por compras superiores a 30€ o desconto máximo é de 5€, co meu bono poderei, por exemplo, facer un máximo de 6 compras por importes superiores a 30€ cada unha (5€ x 6 descontos). Se o importe da compra é superior a 50€ o desconto a aplicar será de 10€, polo que se todas as compras fosen por ese importe, podería facer ata 3 compras (10€ x 3 descontos).

Quen pode adherirse?

Calquera establecemento comercial de Galicia que cumpra os requisitos do programa. 
Só tes que seguir estes sinxelos pasos:

PASO 1

Rexístrate

PASO 2

Cubre a túa ficha (nome, localización,…)

PASO 3

Descarga a app de cobros no teu dispositivo móbil.
Busca “Bonos Activa Comercio” en Play Store ou Apple Store

PASO 4

Nuns días recibirás o distintivo para colocalo nun lugar visible no teu establecemento

Como será o proceso de cobro?

1. O cliente amosa o seu código QR

2. O comercio accede á app TPV e teclea o importe da compra

3. A app valida e calcula o prezo final

4. O comercio valida a operación

5. A plataforma rexistra e desconta o bono e actualiza o Wallet do cliente

6. A entidade financieira efectúa o pago da cantidade descontada ao comercio