Cliente

CLIENTE

ATA 30€ EN DESCONTOS

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra: as compras iguais ou superiores a 30 euros terán un desconto de 5 euros, mentres que ás compras iguais ou superiores a 50 euros correspóndelles un desconto de 10 euros.

O período de validez dos bonos estenderase ata o 31 de outubro de 2021.

Como funciona?

Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciales adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.

Tendo en conta que por compras superiores a 30€ o desconto máximo é de 5€, co meu bono poderei, por exemplo, facer un máximo de 6 compras por importes superiores a 30€ cada unha (5€ x 6 descontos). Se o importe da compra é superior a 50€ o desconto a aplicar será de 10€, polo que se todas as compras fosen por ese importe, podería facer ata 3 compras (10€ x 3 descontos).

Combínaos como queiras só tes que seguir estes sinxelos pasos:

PASO 1

Date de alta desde o teu móbil ou vía web aquí

PASO 2

Enviarémosche un sms de validación

PASO 3

Activa o teu bono e descárgao

PASO 4

Busca este distintivo no teu comercio

PASO 5

Amosa o teu código QR no momento do pago